PRIMEIRA XORNADA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL EN SOUTOS

A “1ª Xornada de Voluntariado Ambiental en Soutos” é unha actividade formativa e práctica dirixida á recuperación de castiñeiros danados polos incendios de 2022 na zona de Froxán, Folgoso do Courel (Lugo). A xornada inclúe unha formación previa impartida polo mestre enxertador Santiago Ramos, e celebrarase o sábado 14 de xuño de 2025, de 10:00 a 18:00 h.

Organizada pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, coa colaboración da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo e o CMVMC de Froxán, esta iniciativa busca fomentar a conservación do medio natural a través do voluntariado.

Para máis información e inscrición: Teléfono 679 07 13 75.

La “1ª Xornada de Voluntariado Ambiental en Soutos” es una actividad formativa y práctica dirigida a la recuperación de castaños dañados por los incendios de 2022 en la zona de Froxán, Folgoso do Courel (Lugo). La jornada incluye una formación previa impartida por el maestro injertador Santiago Ramos, y se llevará a cabo el sábado 14 de junio de 2025, de 10:00 a 18:00 h.

Organizada por la Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, con la colaboración del Área de Medio Rural de la Diputación de Lugo y el CMVMC de Froxán, esta iniciativa busca fomentar la conservación del medio natural a través del voluntariado.

Para más información e inscripción: Teléfono 679 07 13 75.

Deja un comentario

A asociación ten como obxectivo defender e rehabilitar soutos de castiñeiros, promover novas plantacións e investigacións, fomentar a formación en castañicultura e organizar eventos técnicos. Ademais, colabora con expertos nacionais e internacionais, impulsa o consumo de castañas destacando o seu valor nutricional e desenvolve recursos formativos sobre o seu cultivo.