Pedro Álvarez-Álvarez, Catedrático da Área de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Oviedo explicou aspectos do manexo das plantas, dos solos e da contorna que se deben seguir á hora de afrontar a recuperación dun souto. E os criterios para a conservación e xestión dos xa recuperados. Explicounos nun foro organizado pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos e financiado pola Área de Medio Rural da Deputación de Lugo.

Seguir leyendo.

Deja un comentario

A asociación ten como obxectivo defender e rehabilitar soutos de castiñeiros, promover novas plantacións e investigacións, fomentar a formación en castañicultura e organizar eventos técnicos. Ademais, colabora con expertos nacionais e internacionais, impulsa o consumo de castañas destacando o seu valor nutricional e desenvolve recursos formativos sobre o seu cultivo.