,

Xornada 360 Sector Castaña


XORNADA 360 SECTOR DA CASTAÑA

 

Lugo – 04/09/2025. A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, en colaboración coa Área de Medio rural da Deputación de Lugo, celebrará o vindeiro sábado 27 de setembro unha xornada 360 sobre o sector da castaña.

A xornada desenvolverase ao longo de todo  o día no Auditorio Municipal de Escairón,  concello de Saviñao(Lugo) e comezará ás 9:15 h.

Os participantes serán os seguintes:

– Miguel Ángel Vázquez de la Mata, de Viveros Castanea Sativa (O Bierzo). Charla sobre iniciación a castañicultura. 

– Antonio Rigueiro. Presidente da Asociación Forestal de Galicia. Os valores dos soutos galegos.

– Beatríz Míguez. Investigadora no CIF de Lourizán. Últimos avances en investigación relacionados cocastaño.

– I Showcooking da castaña. Demostración e degustación. Domingo González Lorenzo. Chef do Hotel Balneario Caldaria. Lobios – Xurés – Ourense

– Manuel López Secretario da IXP Castaña de Galicia. A situación actual do sector da castaña en Galicia. 

– Mesa redonda sobre a problemática actual do sector e perspectivas de futuro.Participantes:Representante da Asociación Galega das Castañas e os Soutos, Miguel Areán. Castañas Naiciña – Chantada, Saúl Sánchez. Castañicultor e gandeiro. Samos, Manuel López Secretario da IXP Castaña de Galicia, Antonio Rigueiro. Presidente da Asociación Forestal de Galicia , Miguel Ángel Vázquez de la Mata. Viveros Castanea Sativa. O Bierzo – León.

 

A inscrición realizarase nos teléfonos 661952289 e 630054464, a data límite para inscribirse rematará o 22 de setembro, a inscrición se limita a 50 persoas e o coste da xornada é de 20 €.

 

Para máis información, consultar a web da Asociación: asociaciongalegadacastana.com

Deja un comentario

A asociación ten como obxectivo defender e rehabilitar soutos de castiñeiros, promover novas plantacións e investigacións, fomentar a formación en castañicultura e organizar eventos técnicos. Ademais, colabora con expertos nacionais e internacionais, impulsa o consumo de castañas destacando o seu valor nutricional e desenvolve recursos formativos sobre o seu cultivo.