,

Xornada formativa sobre montes vivos

Hoxe a Asociación Galega das Castañas e dos Soutos estivo na Fonsagrada!

Participamos na «Xornada sobre Montes Vivos», un proxecto moi interesante coordinado por SEO/BirdLife, onde se destacou a importancia de coidar e poñer en valor os nosos soutos.

Un pracer compartir experiencias para manter vivos os nosos montes e, por suposto, os nosos queridos castiñeiros.

Podes atopar máis información sobre a importancia de proxectos coma este para os nosos soutos na seguinte ligazón:
montesvivos

Deja un comentario

A asociación ten como obxectivo defender e rehabilitar soutos de castiñeiros, promover novas plantacións e investigacións, fomentar a formación en castañicultura e organizar eventos técnicos. Ademais, colabora con expertos nacionais e internacionais, impulsa o consumo de castañas destacando o seu valor nutricional e desenvolve recursos formativos sobre o seu cultivo.