
Que noite tan especial vivimos!
Queremos compartir convosco a nosa inmensa alegría e gratitude polo marabilloso concerto que Carlos Núñez nos ofreceu no fermoso Monte Xalo.


Foi unha experiencia verdadeiramente máxica, e sentimos un orgullo enorme de ter contribuído a facelo posible.
Nosos socios estiveron dedicando tempo e esforzo nas semanas previas, coidando con agarimo os castiñeiros e preparando este entorno natural incomparable para acoller un evento tan memorable.



Ver a Carlos Núñez tocar a nosa música nun lugar tan noso, rodeado da natureza que tanto valoramos e protexemos, foi a mellor recompensa.

Estes momentos reflicten á perfección o espírito da nosa asociación: poñer en valor o noso patrimonio natural e cultural, coa colaboración de todos.

Grazas a todos os que asististes e compartistes esta velada inesquecible.

Seguimos traballando para coidar os nosos soutos e castiñeiros!


Deja un comentario