,

Xornada 360 Sector Castaña

A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos celebra unha xornada sobre o sector cun «showcooking – demostración» do chef Domingo González Lorenzo

Saviñao, 17 de setembro de 2025. A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, en colaboración coa Área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebrará o vindeiro sábado, 27 de setembro, unha «Xornada 360 sobre o sector da Castaña» no Auditorio Municipal de Escairón (concello de Saviñao). O evento, que busca promover o sector e os seus produtos, contará coa participación destacada do recoñecido chef Domingo González Lorenzo, que ofrecerá un showcooking – demostración centrado na castaña con seis propostas culinarias innovadoras.

A xornada, que comezará ás 9:15 h, desenvolverase ao longo de todo o día e servirá como punto de encontro para produtores, investigadores e expertos, afondando no presente e futuro do sector. Ao medio día terá lugar o o I Showcooking da Castaña, unha demostración e degustación na que o chef Domingo González Lorenzo, do Hotel Balneario Caldaria, amosará a versatilidade gastronómica deste produto.

Durante a demostración, o chef presentará as seguintes creacións:

● Caldo de castañas I.X.P., ao estilo do Xurés, chourizo de Puxedo, e grelos I.X.P. de Galicia.

● Espinacas salteadas con queixo de Cebreiro I.X.P., mousse de castañas I.X.P. con sombreiro de lactanosa de pementos de Arnoia I.X.P. e cordón de redución de vinagre de Xerez.

● Xabaril á bordelesa con viño D.O. Ribeira Sacra e fabas de Lourenza I.X.P., cogomelos e castañas.

● Bica de castañas con manto de iogur vexetal e froitos vermellos.

● Filloa rechea de mousselina de castañas e crocanti de queimada galega.

● Mousse de castañas e amorodos perfumadas con aroma de laranxa e coulis de redución de viño tostado D.O. Ribeiro. 

A inscrición na xornada ten un custo de 20 € e está limitada a 50 persoas para garantir o bo desenvolvemento das actividades. Os interesados poden inscribirse chamando aos teléfonos 661952289 e 630054464. A data límite para a inscrición é o 22 de setembro.

O obxectivo da xornada é ofrecer un espazo de coñecemento e posta en valor da castaña galega.

Asociación Galega das Castañas e dos Soutos é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada á promoción, defensa e posta en valor do souto e do sector da castaña en Galicia. A súa misión é fomentar a innovación, a investigación e a comercialización dun produto de alta calidade.

 

Deja un comentario

A asociación ten como obxectivo defender e rehabilitar soutos de castiñeiros, promover novas plantacións e investigacións, fomentar a formación en castañicultura e organizar eventos técnicos. Ademais, colabora con expertos nacionais e internacionais, impulsa o consumo de castañas destacando o seu valor nutricional e desenvolve recursos formativos sobre o seu cultivo.