
Un grupo de socios da Asociación Galega das castañas e dos soutos estivo presente no evento «Judía con futuro 2025» , celebrado en Rio Bom, Valpaços.

Este encontro foi un punto de referencia para produtores e comercializadores de castaña de Portugal , e puidemos coñecer de primeira man as novidades en:
- Maquinaria de recollida de castaña

- Tratamento de enfermidades

- Usos da flor do castiñeiro na elaboración de viños
- A economía que xera a castaña no rural
- E como afectan as novas condicións climáticas ao cultivo.



Foi unha xornada moi enriquecedora, que nos achegou a sabedoría dos nosos veciños portugueses.


Deja un comentario