Nova prometedora contra a tinta do castiñeiro.

🧪 Nova prometedora contra a tinta do castiñeiro!.

Phytophthora cinnamomi

Un estudo recente de hai uns días demostra que a levadura (un edófito) Wickerhamomyces anomalus é capaz de atacar directamente aos oomicetos causantes da enfermidade da tinta (Phytophthora cinnamomi e P. xcambivora). O máis sorprendente é que non actúa mediante encimas nin compostos tóxicos, senón que se adhire e penetra nas hifas de Phytophthora, debilitándoa desde dentro.
👉 Isto abre unha liña moi interesante para o control biolóxico desta enfermidade que tanto nos afecta…..

Enlace.

Deja un comentario

A asociación ten como obxectivo defender e rehabilitar soutos de castiñeiros, promover novas plantacións e investigacións, fomentar a formación en castañicultura e organizar eventos técnicos. Ademais, colabora con expertos nacionais e internacionais, impulsa o consumo de castañas destacando o seu valor nutricional e desenvolve recursos formativos sobre o seu cultivo.