,

Xornada Souto do Crego

Cata e degustación de castañas no Souto do Crego

Marcial Lobeiras, socio da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, abre as portas do seu Souto do Crego nun evento organizado pola propia asociación. Durante a xornada celebrarase unha cata e degustación de castañas.

🗓 Data: domingo, 26 de outubro
🕙 Horario: de 10:00 a 14:00 h
📍 Lugar: Souto do Crego
👥 Aforo máximo: 25 persoas
💶 Custe de inscrición: 15 € por persoa

Un encontro para gozar do sabor das castañas galegas e compartir unha mañá entre amantes da castaña e da tradición.

Deja un comentario

A asociación ten como obxectivo defender e rehabilitar soutos de castiñeiros, promover novas plantacións e investigacións, fomentar a formación en castañicultura e organizar eventos técnicos. Ademais, colabora con expertos nacionais e internacionais, impulsa o consumo de castañas destacando o seu valor nutricional e desenvolve recursos formativos sobre o seu cultivo.