Desde a Asociación queremos convidarvos a unha mañá de formación técnica en Lalín este 21 de febreiro.
Preparamos unha sesión centrada en dous piares básicos para a saúde e o futuro dos nosos soutos.
Unha xornada técnica fundamental para quen busca modernizar e mellorar as súas plantacións. Falaremos de ferramentas clave que están hoxe á nosa disposición para a xestión sanitaria e o material vexetal.
Son temas de gran importancia para mellorar as explotacións coa axuda técnica que temos hoxe en día:
- Profundaremos no control biolóxico da avispilla co Torymus sinensis, da man de Fauna Útil.
- Coñeceremos as novidades en material vexetal para portainxertos con Beatriz Cuenca, de Viveros Tragsa.
A xornada será no Edificio sociocultural (rúa Manuel Rivero).
𝗘́ 𝗶𝗺𝗽𝗿𝗲𝘀𝗰𝗶𝗻𝗱𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗮𝗻𝗼𝘁𝗮𝗿𝘀𝗲 𝗽𝗿𝗲𝘃𝗶𝗮𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗡𝗢𝗡 𝗦𝗢𝗖𝗜𝗢𝗦, 𝗽𝗼𝗿 𝘁𝗲𝗹𝗲́𝗳𝗼𝗻𝗼
𝗻𝗼 𝟲𝟲𝟭𝟵𝟱𝟮𝟮𝟴𝟵.
- Socios: Gratuito.
- Non socios: 10 euros (abónanse alí).
Non hai límite de inscricións.
Vémonos en Lalín!



Deja un comentario